martes, 8 de mayo de 2012

COMUNICADO DOS ORGANIZADORES DO 12M EN VIGO RESPECTO Á CONVOCATORIA DOS SINDICATOS DO NAVAL O 12 DE MAIO.

COMUNICADO DE PRENSA
COMUNICADO DOS ORGANIZADORES DO 12M EN VIGO RESPECTO Á
CONVOCATORIA DOS SINDICATOS DO NAVAL O 12 DE MAIO.

Vigo, 6 de maio de 2012

Os movementos sociais vigueses xurdidos a raíz do movemento 15M levamos meses traballando na convocatoria do 12 de maio, día no cal conmemoraremos de xeito reivindicativo o aniversario
da primeira gran manifestación do movemento. Estes movementos convocamos e organizamos unha manifestación que percorrerá a cidade dende as 19.00h, coordinada con outras mobilizacións que se celebrarán a nivel global ese mesmo día.

Somos perfectamente conscientes de que os recortes e a precariedade do sistema os padece a maioría social: traballadores e traballadoras, estudantes, parados, inmigrantes, etc. Sendo coherentes con isto, e a pesares das moitas críticas que temos cara as cúpulas sindicais, os
convidamos a partipar na mobilización do 12 de maio por medio de reunións cos seus dirixentes locais.

Sorprendentemente, o 1 de maio, as direccións sidicais de CCOO, UXT e CIG anunciaban a convocatoria dunha manifestación o mesmo día e á mesma hora en defensa do sector naval. Os traballadores do sector naval son todo un exemplo de dignidade, un emblema na loita pola xustiza social na nosa cidade, e sentímonos plenamente identificados coas súas reivindicacións e as facemos nosas. Dito isto, os traballadores do sector naval sofren os mesmos problemas que o 99 por cento da poboación: recortes en sanidade e educación, degradamento dos servizos públicos en xeral, paro, malas condicións de traballo, etc.

A consecuencia lóxica destes intereses comúns é mobilizarnos conxuntamente. ¿Por qué os
dirixentes sindicais non animan entón ós traballadores do naval a participar o 12M nunha
mobilización na que expresaremos os nosos intereses diversos pero comúns? ¿É o máis axeitado
para os traballadores do naval e para o conxunto da cidadanía loitar separados en lugar de unidos?
Nós o temos claro: convidamos ós traballadores do sector naval e a todos os demais a participar na
mobilización global do 12 de maio, en defensa dos seus dereitos, que son os de todos.

 Comisión de Prensa y Comunicación 12M-15M
Tel: 647 423 580
prensa15mvigo@gmail.com
www.15mvigo.org
www.facebook.com/15Mvigo
Twitter: @15M_Vigo

sábado, 5 de mayo de 2012

NOTA DE PRENSA 12M15M PRIMAVERA GLOBAL OS MOVEMENTOS SOCIAIS VIGUESES SE SUMAN ÁS MOBILIZACIÓNS GLOBAIS DO 12 DE MAIO

NOTA DE PRENSA 12M15M PRIMAVERA GLOBAL OS MOVEMENTOS SOCIAIS VIGUESES SE SUMAN ÁS MOBILIZACIÓNS GLOBAIS DO 12 DE MAIO. 

– As cidadás e os cidadáns mobilizaranse en todo o mundo, tal e como sucedera en outubro,
na segunda manifestación por un cambio global.
– En Vigo, as mobilizacións sairán de Praza de España ás 19h. E percorrerán Gran Vía, Urzáiz
e Colón ata a praza da Estrela, onde se leerá un manifesto.

Vigo, a 4 de maio de 2012

Os movementos sociais 15M Vigo e Democracia Real Xa Vigo, xunto coa plataforma ECOAR,
comunican que a cidade de Vigo se suma ás mobilizacións globais do vindeiro 12 de maio. Esa é a
data elexida para chamar á cidadanía a tomar as rúas de novo e alzar as súas voces para mostrar a súa indignación pedindo un cambio global.

Estas mobilizacións e accións globais surxen como unha resposta unitaria e coordinada para
mostrar o descontento actual cun sistema inxusto, no que a riqueza se acugula en mans de uns
poucos, fronte o 99% que sufre as consecuencias dunha crise mundial produto da avaricia dunha
élite. Como cidadáns do mundo, entendemos que non somos mercadoría en mans da clase política
e da banca.

A protesta levarase a cabo a través de marchas apartidistas e pacíficas que percorrerán todo o
mundo, dende Nova Iorque ata Sidney, pasando por Barcelona, Berlín ou París, entre outros. En
Vigo, a saída efectuarase ás 19h dende a Praza de España, percorrendo as rúas do centro como
Gran Vía e Urzáiz ata a Praza da Estrela, onde se leerá un manifesto internacional.
12 de maio.

O 12 de maio é a date elexida en todo o mundo para sair as rúas a mostrar a indignación. Hai
meses que se ven traballando neste chamamento global. O pasado 15 de outubro se tomaron as
rúas de máis de 1000 cidades de 82 países. O movemento de indignación organizouse e comezou a
camiñar pola rúa da dignidade e o cambio global. Eso foi hai máis de seis meses e todavía se están
a levantar as voces para facer que os políticos e os banqueiros entendan que deste xeito non nos
representan, xa que representan a unha clase privilexiada e non á maioría da poboación.

Os gobernos reveláronse como instrumentos do que chaman “os mercados”, que en realidade son
grandes empresas transnacionais e financeiras con nome e apelidos. Denunciamos e rexeitamos o
engano que fan sobre a cidadanía, presentando como única saída posible da crise os recortes
sociais, a través da perda de dereitos e liberdades.

Persoas e colectivos ao longo de todo o mundo demostran que hai alternativas para saír da crise e que outros camiños son posibles e necesarios. As mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partires da primavera do 2011, foron un revulsivo social ante a situación imposta; un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer. Subliñamos, non só as ameazas sobre as nosas economías, senón sobre a “democracia” mesma: menos do 1% decide sobre o presente e futuro do outro 99%.

Comisión de Prensa y Comunicación 12M-15M
Tel: 647 423 580
prensa15mvigo@gmail.com
www.15mvigo.org
www.facebook.com/15Mvigo
Twitter: @15M_Vigo