NOTA DE PRENSA 12M15M PRIMAVERA GLOBAL OS MOVEMENTOS SOCIAIS VIGUESES SE SUMAN ÁS MOBILIZACIÓNS GLOBAIS DO 12 DE MAIO.
– As cidadás e os cidadáns mobilizaranse en todo o mundo, tal e como sucedera en outubro,
na segunda manifestación por un cambio global.
– En Vigo, as mobilizacións sairán de Praza de España ás 19h. E percorrerán Gran Vía, Urzáiz
e Colón ata a praza da Estrela, onde se leerá un manifesto.
Vigo, a 4 de maio de 2012
Os movementos sociais 15M Vigo e Democracia Real Xa Vigo, xunto coa plataforma ECOAR,
comunican que a cidade de Vigo se suma ás mobilizacións globais do vindeiro 12 de maio. Esa é a
data elexida para chamar á cidadanía a tomar as rúas de novo e alzar as súas voces para mostrar a súa indignación pedindo un cambio global.
Estas mobilizacións e accións globais surxen como unha resposta unitaria e coordinada para
mostrar o descontento actual cun sistema inxusto, no que a riqueza se acugula en mans de uns
poucos, fronte o 99% que sufre as consecuencias dunha crise mundial produto da avaricia dunha
élite. Como cidadáns do mundo, entendemos que non somos mercadoría en mans da clase política
e da banca.
A protesta levarase a cabo a través de marchas apartidistas e pacíficas que percorrerán todo o
mundo, dende Nova Iorque ata Sidney, pasando por Barcelona, Berlín ou París, entre outros. En
Vigo, a saída efectuarase ás 19h dende a Praza de España, percorrendo as rúas do centro como
Gran Vía e Urzáiz ata a Praza da Estrela, onde se leerá un manifesto internacional.
12 de maio.
O 12 de maio é a date elexida en todo o mundo para sair as rúas a mostrar a indignación. Hai
meses que se ven traballando neste chamamento global. O pasado 15 de outubro se tomaron as
rúas de máis de 1000 cidades de 82 países. O movemento de indignación organizouse e comezou a
camiñar pola rúa da dignidade e o cambio global. Eso foi hai máis de seis meses e todavía se están
a levantar as voces para facer que os políticos e os banqueiros entendan que deste xeito non nos
representan, xa que representan a unha clase privilexiada e non á maioría da poboación.
Os gobernos reveláronse como instrumentos do que chaman “os mercados”, que en realidade son
grandes empresas transnacionais e financeiras con nome e apelidos. Denunciamos e rexeitamos o
engano que fan sobre a cidadanía, presentando como única saída posible da crise os recortes
sociais, a través da perda de dereitos e liberdades.
Persoas e colectivos ao longo de todo o mundo demostran que hai alternativas para saír da crise e que outros camiños son posibles e necesarios. As mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partires da primavera do 2011, foron un revulsivo social ante a situación imposta; un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer. Subliñamos, non só as ameazas sobre as nosas economías, senón sobre a “democracia” mesma: menos do 1% decide sobre o presente e futuro do outro 99%.
Comisión de Prensa y Comunicación 12M-15M
Tel: 647 423 580
prensa15mvigo@gmail.com
www.15mvigo.org
www.facebook.com/15Mvigo
Twitter: @15M_Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario